Esta era a principal porta fortificada da gran Citanía Galaica de Lanóbriga, localizada en San Cibrao de Lás, entre o Concello de San Amaro e o de Punxín, en Ourense (Lanóbriga, Cidade Galaica de San Cibrao de Lás, S. II aC. – Centro Infográfico Avanzado de Galicia), construída no século II a.C., nun punto estratéxico elevado, deseñada arquitectónicamente con detalle e estruturada cos servizos precisos para albergar a miles de persoas, nun espazo total de 15 hectáreas, con varios murallas concéntricas de defensa e os seus respectivos foxos, sistema de alcantarillado, avenidas principais e rúas de servizo, organizada en barrios para albergar familias e clanes (Barrio Galaico da Idade de Ferro, S. II a.C. – Centro Infográfico Avanzado de Galicia), e en cada barrio eran comunes as casas de planta circular e teito de colmo, tan típicas da cultura galaica da idade de ferro (Casa Circular Galaica, S. II a.C. – Centro Infográfico Avanzado de Galicia).
Esta porta era un gran bastión situado estratéxicamente no eixe lonxitudinal oeste da cidade, deseñado pra resistir e dirixir as operacións defensivas en caso de ataque.
