O 26 de agosto de 1918 o sultán Abd al-Hafid de Marrocos ou Mulay Haffid, fixo unha visita turística a cidade de Vigo. Recibido polo gobernador militar, o xeneral Fontana, incluiron paseos pola Alameda entre aplausos dos vigueses e posterior traslado ao Monte do Castro para contemplar as vistas da baía de VIgo ao pé desta porta conmemorativa construída específicamente en honor do ilustre visitante.
O estilo arquitectónico neo-árabe está inspirado na arquitectura islámica de influencia orientalista, moi popular a finais do século XIX e principios do XX.
Estaba composta por dúas torres simétricas de planta cadrada coroadas con cúpulas bulbosas, pequenas ventás de ferradura, formas xeométricas caladas e azulexos policromados, así coma un corpo central tamén de planta cadrada, unha porta de entrada de ferradura “tumido”, e que en lóxica debería ser igual en ambos lados da construción, ainda que na fachada que daría á rúa inferior, a porta estaría máis baixa e con escaleiras interiores de subida, para salvar a diferencia de cotas.
Construída con ladrillo, madeira, pedra e estucado de tonos ocres, tivo un significativo impacto visual e cultural na súa época, pola súa privilexiada ubicación.
Fontes: ( La Voz de Galicia Dixital – GCiencia.com – Wikipedia)
