A virtualización 3D das estructuras defensivas que conforman os accesos fortificados da Citania Galaica de San Cibrán de Lás (Lanóbriga, Cidade Galaica de San Cibrao de Lás, S. II aC. – Centro Infográfico Avanzado de Galicia), situada no Concello de San Amaro, Ourense; implicou estudos detallados destos espazos arqueolóxicos e o desenvolmento de varios proxectos constructivos previos a cargo do ilustrador Paco Boluda, seleccionando o que mellor se adaptase á funcionalidade do mesmo, e despois de corroborar que tódolos elementos encaixaran á perfección no espazo disponible.
En xeral, as defensas de Lanóbriga son impresionantes, de escala monumental, á altura dunha cidade de miles de habitantes, semellante as Citanias de “Briteiros”, “Sanfins”, e menor medida a de “Monte Mocinho”, e froito dun desenrolo evolutivo urbanístico e arquitectónico propio da cultura galaica da alta idade de ferro. Esta porta non é unha porta defensiva. As murallas teñen a cara interior practicamente chea de escaleiras para acceder rápidamente a parte superior.
Lanóbriga construíuse rápido, a súa trama urbá foi planificada minuciosamente con antelacion, e a súa construción seguidu un plan urbanístico deseñado e adaptado especialmente ás características topográficas do terreo, dividindo as 10 hectáreas que ten de superficie en barrios (Barrio Galaico da Idade de Ferro, S. II a.C. – Centro Infográfico Avanzado de Galicia), e dentro de cada barrio, en parcelas de 250 m2 de media. O incremento de poboación debeu facer preciso aproveitar ó máximo a suoerficie da parcela, edificado vivendas cuadrangulares ou substituíndo paulatinamente as citculares por estás ultimas, ainda que en cada unidade familiar conservouse unha estancia circular tradicional (Casa Circular Galaica, S. II a.C. – Centro Infográfico Avanzado de Galicia). Non se atopou outra cidade galaica con estas características, polo que a fai ainda moito mais interesante e especial.
Esta porta acceso ao recinto superior da cidade, denominado “Croa” ou “Oenach“, e o feito de carecer de torreóns como outras portas da cidade, implica unha planta rectangular integrada na muralla, unha planta baixa cun área interior de 35 m2 e con bancos corridos de pedra. Esta estancia semella unha especie de “nartex” ou “sá de reunións“, solemne e acorde coa importancia da cidade, esta sería unha zona neutrai, impregnada de certa oficialidade e sacralidade pola importancia do recinto ao que dá acceso, onde caberían de 25 a 30 persoas sentadas.
O segundo piso con ventanais cara o interior e o exterior da cidade, era onde seguramente se realizaban funcións de posto de garda, control e vixiancia constante, tanto das rúas adxacentes coma do horizonte lonxano, seguindo o paso de ronda ao longo das murallas. O teito da porta tería cuberta vexetal de colmo, nun deseño das vertentes a 8 augas que favorecería que a auga se escorrenta cando chove, caendo na muralla e diante das portas. A entrada da porta só debía ter porta no lado que da á Croa, xa que polo lado da cidade non podería pola forte pendente da parte central do chan, que non permitiria abrir as follas, ademáis as escaleiras que hai nese punto de acceso, impedirían a entrada e paso de carros con mercadorías por ela.
Fontes: ()
