Pazo dos Condes de Andrade, Fase Hca. S. XVI – Med. XVII

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Pazo
  • Barroco
  • Medieval galego
  • Renacentista
S. XVI-XVII
1370 - 1935
Praza dos Condes
Pontedeume (A Coruña)
Carlos Paz de Lorenzo (2021)
Jesús Ángel Sánchez García (Catedrático de Historia da Arte, Docente e Investigador da USC)

Proxecto de Investigación “Memoria, textos e imágenes. La recuperación del patrimonio perdido para la sociedad de Galicia (METEIM). Código HAR 2014-53893R. Programa Retos para la Sociedad, Ministerio de Economía y Competitividad (2015-2018). Grupo IDEAHS, GI-1510, US

O coñecido como Pazo dos condes de Andrade de Pontedeume foi promovido a partir do ano 1371 por Fernán Pérez de Andrade “o Boo” como fortaleza e sinal do seu señorío sobre a vila de Pontevedra. Agás o torreón, poucos restos quedaron do primitivo pazo fortificado, que ademais sufriu o ataque dos Irmandiños a finais do século XV.
D. Fernando de Andrade, o primeiro conde de Andrade, acometeu a partir dos anos trinta do século XVI unha completa reforma e ampliación da parte residencial do vello pazo medieval para facelo máis cómodo. Conservando unha ringleira de arcos apuntados no claustro interior, o pazo foi ampliado cun novo andar e dotado de salóns con rica decoración.
Ao exterior a fachada presentaba unha longa balconada de pedra mirando á vila de Pontedeume. Unha capela adicada a San Miguel, un curral con edificacións para casas de labregos e almacéns e ampla horta con xardín completaron o remozado pazo

Fontes: (SÁNCHEZ GARCÍA, Jesús Ángel, Julio VÁZQUEZ CASTRO, Alfredo VIGO TRASANCOS (eds.) e Juan David DÍAZ LÓPEZ (coord.) (2023). Arquitecturas añoradas. Memoria gráfica del patrimonio destruido en Galicia en el siglo XX. Gijón: Ediciones Trea.)

Ir o contido