O Pazo Paredes ou “Casa do Conde da Maza” (apelido do condado dos Taboada), tamén chamado “Casa Grande de Arriba” era o pazo mais importante do barrio de San Xoán de Portomarín, no que viviu o Comendador mais destacado de Encomenda de Portomarín, Frey Juan Piñeiro tío de Lope Piñeiro Parragués. Mándouno construír no século XVI, o capitán Gregorio de Villar e Castelo, o seu primeiro dono.
O edificio estaba construído en canteira de granito e pedra, e os escudos heráldicos correspóndense coas linaxes das familias “Rivadeneira”, “Pardo”, “Somoza”, “Quiroga” e “Sobrado”. No derradeiro tramo da fachada principal da fachada leste, está situada a hornacina con figura da Virxe María.
No antigo emprazamento tiña patio con anejos para palla, cuadras e carros, delimitado por muro con portalón en arco de medio punto con saída a a parte traseira, paralela ao camiño de San Lázaro. A fachada Norde e porta de saída do patio ao camiño de San Lázaro con arco de medio punto e dovelas de sillería, na ubicación orixinal, construción que non foi instalada no novo emprazamento. O corpo central sitado ao Leste con solana e soportais suxeitos por catro columnas poligonais de granito.
O situado á dereita na parte alta da rúa foi construído posteriormente ao resto da edificación, esta executado en sillería de granito, embelecido con hornacina adornada coa imaxe da Virxe María, erroneamente considerada Santa Clara e dous escudos heráldicos do século XVIII na fachada situada ao Norte. O corpo situado á esquerda ten forma de torreón con porta na planta baixa en arco de medio punto que daba entrada ao zaguán e adega, actualmente acceso ás amplas escaleiras de cantería granítica que conducen á cima da torre, na fachada Sur do mesmo co traslado situouse un brasón e pedra con barras de nobreza procedentes do palacio de encomenda.
Fonte: (Portomarín, Tabón de Memoria, Pasado y Prensente, Blog)
