O “Pazo de Berbetoros“, tamén chamado “Casa da Marquesa”, data do século XVIII, construída en 1712 como di a carteleira situada nas súas paredes. Servíu de casa reitoral da parroquia de San Pedro. A fachada principal tiña porta con arco de medio punto flanqueada por dúas ventás enreixadas, aínda que a fachada de maior interese era a posterior constituída por corpo soportalado con arcadas de medio punto de cachotería en lousa, desaparecido co traslado.
A dinastía de os Berbetoros en Portomarín comeza con Andrés Berbetoros e Ribadeneira e a súa esposa Inés Páramo Neira, primeiros marqueses de Bóveda e Limia, e finaliza con Joaquín Pímentel e Miranda VI Marques de Bóveda e Limia falecido sen descendencia, bisnieto de Dona Isabel Melchora e neto de Dona Mónica Teresa, últimas Marquesas de Berbetoros, 2º e 3º respectivamente.
Conservouse a solaina, con petrís de fuste marcados coas armas da familia. Ao final da mesma fachada tiña un pequeno corpo rectangular que albergaba a capela, construción tamén perdida no traslado. O Pombal do pazo de Berbetoros, situado na “riveira” de San Pedro á altura de “Fontedagra”, coñecido como ” Pombal do Cura “, os seus restos permanecen gran parte do ano mergullados baixo da auga, visible en época de estío
O pazo tiña contraventás con entrepanos tallados en madeira de castiñeiro, o muro norte cego de xanelas con catro contrafortes, escaleira interior de pedra, espazosos salóns na primeira planta, un con cheminea de pedra calcaria e outro con armario-arquivo policromado con escudo, grosas vigas de madeira suxeitas con modillones tallados con motivos humanos e vexetais, todo iso perdido co traslado.
O muro oeste estaba blasonado polos tres escudos: mascarón-carteleira con follaxe e óvalo con inscrición “M. YAL. SDI/GINES MONTENEG/RO, E O S. D. J. BERB/ETOROS. S MIJO A/NON MDCCXII“. Brasón con árbore centrada, touros enfrontados e coroa sobre a de Montenegro como sinal de nobreza. Os dous continúan nos muros do pazo. E pedra armeira cuarteada con armas de Losada, Ribadeneira, Berbetoros e Lemos, en paradoiro descoñecido. Situados nas columnas da solaina están situados os escudos de Taboada e Montenegro.
Actualmente o pazo está situado á beira da igrexa de San Pedro, e pertence ao Bispado da diocese de Lugo, atópase en bo estado de conservación despois da recente restauración no ano 2004-2005 sufragada pola fundación Caixa Galicia. Foi elixido como residencia de verán entre 1963-1979 polo que fose Bispo de Lugo, o navarro D. Antonio Ona de Echave.
Fonte: ( Portomarín, Tablón de Memoria, Pasado y Presente, Blog)
