Pavillón de Automóviles Sás, 1925

restitucion-3D
  • Arquitectura non construída
  • Arquitectura civil comercial
Edificio urbano
  • Art Decó
  • Modernismo ecléctico galego
S. XX
Manuel Conde Fidalgo
1925
Rúa Progreso
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2012)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

En 1925 o arquitecto Manuel Conde Fidalgo deseña un Pavillón de Exposición de vehículos a motor para a rúa Progreso de Ourense, por encargo do propietario Manuel Sás Sequeiros, de marcado estilo modernista Art Decó e que xamais chegaría a construirse.

O 6 de maio, o arquitecto municipal, Don Adolfo de la Vega, autoriza a construcción do proxecto presentado polo interesado, manifestando literalmente: ” a fachada principal na súa ornamentación severa e sensata, acusa un gusto arquitectónico digno de reflexarse en todas as construccións, como base principal para o ornato que debe existir sempre nunha poboación culta para o debido embelecemento desta.”

A fachada principal tiña 171,2 metros cadrados. Obviamente este primeiro proxecto non chegou a realizarse segundo os termos especificados nos planos orixinais, e así, 1926, o mesmo arquitecto presentou novo proxecto alternativo que finalmente acabou construíndose e que coñecería como “Edificio Sás”.

Fontes: (AMOu)

Ir o contido