Igrexa Neogótica de Canedo, 1910

restitucion-3D
  • Arquitectura incompleta
  • Arquitectura relixiosa
Igrexa
  • Neogótico
S. XX
Jose María Basterra Madariaga
1910
Avenida das Caldas nº16 (Barrio da Ponte)
Antigo Concello de Canedo (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2025)
Fernando Gómez Fernández (2021)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

En 1905 firma uns planos para o templo parroquial de Santiago das Caldas, aínda que os planos que se executaron están asinados polo arquitecto bilbaíno José María Basterra Madariaga en 1910, e o 30 de xullo deste mesmo ano colócase a primeira pedra do templo parroquial das Caldas. A súa construción respondeu á necesidade eclesiástica de dotar á parroquia de Caldas cunha igrexa acorda ao aumento poboación, que defenderon tanto o bispo de Ourense nesa época, Eustaquio Illundaín, coma o seu antecesor, Pascual Carrascosa.
A igrexa de estilo neogótico conta con tres naves con catro arcos de estilo ojival, una nave central e dous dous laterais sen cruceiro, e no exterior destacan os esbeltos arbotantes que contrarrestan a altura e o escaso grosos dos muros.
A dirección e supervisión das obras foi encargada ao arquitecto ourensán Daniel Vázquez-Gulías Martínez,  xunto co mestre Manuel García Amor e o contratista José Pintos. Sillería regular de pedra do país, escasa de adornos pero elegante no trazado e uniforme na ornamentación. Ten 34 vidreiras da firma J.H.Maumejean, nas que predominan os adornos xeométricos con símbolos eucarísticos domo a “Custodia”, “Cáliz con dúas pombas”, “Pelícano”, e imaxes coma a “Anunciación” e “Santiago Peregrino”.
A igrexa foi inaugurada o 28 de novembro de 1920 e a fachada actual foi un peche provisional, que co paso dos anos quedou como definitiva, non desenvolvendo a fermosa fachada planificada polo arquitecto Basterra, seguramente por falla de recursos económicos.
En 1933 se instalu o retablo da Milagrosa obra dos irmáns Núñez. En 1946 repáranse as vidreiras. En 1950 colócanse as lámpadas e apliques. En 1950 colócanse o sagrario obra do catalán Sarrahima. En 1987 colócase o ambón de pedra.
En 1989, consta un proxecto básico de terminación do templo parroquial de Santiago de Caldas, obra do arquitecto Manuel Conde Aldemira, e que xamáis chegaría a executarse.
A súa fisionomía exterior permaneu incompleta ata o día de hoxe.
Fontes: (Arquivo Diocesano de Ourense)
Ir o contido