Gran Teatro de Lugo, 1940

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil ocio
Teatro
  • Art Decó
S. XX
Alfredo Vila López
1940 - 1996
Rúa do Teatro
Lugo (Lugo)
Andrés Armesto Cortiña (2022)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

Foi un 17 de maio de 1940 cando o Gran Teatro abriu as súas portas no solar onde en 1896 levantouse o Teatro Circo (https://ciagalicia.com/proxectos/teatro-circo-de-lugo/), obra do arquitecto Álvaro de Mendoza, e logo, en 1921 denominouse Teatro Principal, ata que este pechou as súas portas en 1934. Ese mesmo ano o Concello xa recibía os planos para a construción dun novo e moderno edificio cultural, que non vería á luz ata seis anos despois.

O autor do proxecto foi o arquitecto da Deputación, Alfredo Vila López, quen deseñou un edificio singular e con aspecto de gran aparello de radio. A súa fisonomía chegou a ser atacada por algúns gobernantes dos anos 90 como exemplo de que se debería de tirar polo feo que era: «Ese edificio horroroso que afoga a Muralla», chegouse a dicir para xustificar a súa derriba, que comezou a finais de abril de 1996, tras dous anos sen proxeccións, e tras a súa demolición, foi reemplazado por unha urbanización de vivendas

Na construción do Gran Teatro aproveitouse o lenzo lateral e o muro de peche do Teatro Circo, que foi o primeiro cinema da cidade, con sesións en 1897. Nos seus anos de vida como sala de cinema, o NO-DO aparecerá en Lugo por primera vez en esta sala 6 de xaneiro de 1943. En 1956 proxéctase a primeira película en Cinemascope: “A Túnica Sacra”. En 1974 instálanse novas butacas e nova decoración (chegou a ter 1.112 asentos) para acoller outra estrea: proxectores e son para 70 milímetros. O primeiro filme no que se usou foi “Chacal”. Ademais, estreou algunhas películas míticas, como “O que o vento levou” ou” Rebecca”, entre outras.

O Gran Teatro foi un modelo arquitectónico e de lecer de posguerra, e ademáis no seu escenario representáronse obras de teatro, óperas, zarzuelas e espectáculos de revista e circo.

Fontes: (“Arquitecturas Añoradas, memoria gráfica del patrimonio destruido en Galicia en el siglo XX”, Editorial  Piedras Angulares, 2023)

Ir o contido