Pedro García Faria, enxeñeiro ao servizo da administración do estado español dende finais do século XIX ata principios do XX e membro do Corpo de Enxeñeiros, a súa actividade extendeuse asimesmo a diversos campos da enxeñería civil, especialmente ás obras destinadas ao mantemento e crecemento da rede do ferrocarril. Compatibilizou as súas tarefas de enxeñeiro funcionario do estado coa práctica libre da arquitectura, para a cal tamén estaba titulado. En Barcelona, por exemplo, realizou o proxecto de saneamento da cidade, tamén foi colaborador con outros técnicos na elaboración dos proxectos de saneamento e ensanche de Cartagena, e como experto cualificado que, por encargo do Concello de Murcia, deseñou o Plan Urbanístico Xeral da cidade, sen esquecer a probable participación no concurso para a realización do plano do ensanche da cidade de Palma de Mallorca. Tamén proxectou o Preventorio de Aguas de Busot, en Alicante, é outro balneario construido no século XIX, reconvertido nun preventorio antituberculoso no século XX, hoxe en estado é ruinoso.
O 27 de Outubro do 1925, rematou o deseño deste proxecto de Gran Balneario das Burgas, ubicado nos arredores da Burga, onde hoxe está o xardín dos Cachafeiro ,na antiga finca dos Taboada. Non consta que o proxecto fora un encargo local, máis ben semella que decidíu facer este fabuloso proxecto por iniciativa propia e co obxecto de rentabilizar as augas termais e minero-medicinais das Burgas da cidade de Ourense. Tamén estaba previsto no proxecto a realización dunha zona pública de baños termais e dunha estrutura anexa con base de pedra, e corpo de ferro acristalado, denominada Casa de Baños Públicos da Burgas, que se pode visualizar en detalle nesta ligazón: https://ciagalicia.com/proxectos/casa-de-banos-publicos-das-burgas-1925/
Este proxecto ben pudo ser o derradeiro traballo feito directamente por el mesmo, xa que faleceu no ano 1927. Alguén do seu entorno persoal ou profesional tivo a cortesía de enviar este proxecto ás autoridades municipais da cidade de Ourense, que o recibiron en maio do 1928, por si fora de interese levar a cabo a súa execución; feito que xamáis aconteceu para desgraza dos ourensáns.
Fontes: (AMOu – REVISTA ELECTRÓNICA DE GEOGRAFÍA Y CIENCIAS SOCIALES, Universidad de Barcelona. ISSN: 1138-9788. Depósito Legal: B. 21.741-98, Vol. X, núm. 221, 15 de septiembre de 2006. http://www.ub.edu/geocrit/sn/sn-221.htm)
