Edificio Ulloa, 1900

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Vivenda
S. XX
Antonio López Crespo
1910 - 19XX
Rúa Cardeal Quiroga ( antiga Rúa Alba)
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2014)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

No ano 1900, o arquitecto Antonio López Crespo, firma os planos dun edificio destinado a vivenda a instancias de Eduardo Ulloa, na antiga rúa Alba, actual rúa Cardeal Quiroga, nun solar de 457 metros cadrados que se correspondía cos números 27 e 29 da mesma rúa.

Inicialmente o proxecto constaba de pranta baixa e primeiro piso, con seis balcóns individuais, 2 abertos e 4 pechados con galerías acristaladas de madeira, e fachada principal de sillería de pedra do país.

Iniciado o proceso de construcción do edificio, o propietario presenta novos planos de ampliación firmados polo mesmo arquitecto e nos que se engade un segundo piso e unha nova distribución dos balcóns e un novo tipo galerías acristaladas de madeira.

Deste xeito, consta a existencia de dous proxectos diferenciado, sendo o segundo plano presentando o que se levou finalmente a término.

Durante a existencia deste edificio, na parte esquerda da pranta baixa, estivo o Colexio de Secretarios da Administración Local, e na parte dereita a Delegación do Xornal El Pueblo Gallego e a Delegación de Loterías. No primeiro piso da parte dereita albergou un Consultorio Médido de Jose Luis Vázquez, e na parte esquerda foi a sede do Colexio de Rexistradores da Propiedade de Ourense.  Asímesmo, no segundo piso do lado esquerdo vivíron os membros da familia Ulloa e na parte dereita, residía a viuva de Eduardo Ulloa.

Descoñécese a data exacta do derrubo do edificio.

Fontes: (AMOu – AHPOu – Fondo Biblioteca Marcos Valcárcel – Pastor Fábrega)

Ir o contido