Edificio Tauro, 1878

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Edificio urbano
  • Neoclasicismo ecléctico
S. XIX-XX
Alejandro Rodríguez Sesmero, Antonio López Crespo
1878 - 1975
Rúa Progreso
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2013)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

O 28 de novembro de 1878, Juan Manuel Paz Novoa presenta instancia no concello de Ourense solicitando licenza municipal para construir unha casa sobre o solar da súa propiedade na estrada Villacastín-Vigo, hoxe rúa Progreso.

Acompaña a instancia un plano detalladado da fachada do edificio que pretenden construir, deseñado integramente polo profesor de arquitectura Alejandro Sesmero, medindo a fachada 132,93 m2, sendo o vó dos balcons de 50cm, e a cornixa de 60 cm.

O estilo arquitectónico encádrase no “Eclecticismo Clasicista“, tendo en conta o contexto urbán no que o arquitecto desenvolve a súa actividade profesional, no período entre 1880 e 1910, a burguesía segue demandando edificacións de suntuosa linguaxe ecléctica, que serán coñecidas polo nome do seu propietario, levando moitas delas as iniciais dos propietario inscritas nos elementos graníticos que coroaban as fachadas, como símbolo de prestixio persoal.

A arquitectura deste período en Galicia caracterizase por unha gran preocupación pola presentación e tratamento das fachadas, en detrimento dunha menor preocupación pola distribución interior das plantas que podían presentar problemas de ventilación e hixiene. Darase un trato preferente ás fachadas se que sitúan nas rúas principais aumentando nas mesmas a ornamentación. A variedade de linguaxes serán fonte de inspiración, que se move con libertade entre o historicismo e o eclecticismo clasicista.

O 25 de abril de 1879, data na que ainda non escomezaran as obra do edificio, o propietario solicita ao concello unha modificación consistente na reducción e simplificación da ornamentación. Agora a fachada mediría 123,54 metros cadrados. O plano desta versión da fachada foi obra do arquitecto municipal de Ourense, Antonio López Crespo.
O 17 de febreiro de 1880, e co edificio xa en obras, preséntase nova instancia no concello solicitando unha nova modificación, co obxecto de “embelecer” a parte superior das cinco luces do piso principal, único cos frontóns ou gardapolvos, e as súas correspondentes ménsulas.
O 8 de maio de 1880, preséntase unha derradeira instancia solicitando o peche do tránsito que separa a súa casa en construcción coa edificación colindante, presentando un plano correspondente de peche, autoría do arquitecto municipal, Antonio López Crespo.
Na fachada da primeira planta do edificio houbo unha praca conmemorativa de mármore branco con letras grabadas a cincel en honor de Juan Manuel Paz Novoa que dicía literalmente “AQUI VIVIÓ Y MURIÓ EL ILUSTRE JURISCONSULTO JUAN MANUEL PAZ NOVOA – HONRA DEL FORO Y DE LA CÁTEDRA”.
Nos baixos do edificio Tauro instaláronse dous negocios, un chamado “Curtidos Villacé”, e outro unha “Camisería” especializada en roupa para homes.

Fontes: (AHPOu; AMOu; Museo Etnolóxico de Ribadavia)

Ir o contido