En 1926, Manuel Sás e Sequeiros, solicita a modificación do proxecto previo para un Pavillón de Exposición e veda de vehículos a motor, deseñado polo arquitecto Manuel Conde Fidalgo e presentado en 1925, que consistiría na elevación da altura do inmoble ao engadir un piso máis, destinado a almacén ou vivenda, variando a decoración da fachada, e modificando lixeiramente as proporcións de portas e ventás.
Claramente pódese observar que existen diferencias entre o plano presentado e a obra finalmente construída, e ainda que a estrutura e as proporcións edificio foron respetadas, houbo sustanciais modificacións nas carpinterías, nas estruturas de ferro fundido de balcóns e ventás, así coma na decoración complementaria da fachada.
Esta modificación sobre o proxecto orixinal, de novo recaeu no arquitecto ourensán Manuel Conde Fidalgo, deseñando unha fachada de gran beleza e unha magnífica factura, imprimíndolle corpo e consistencia ao edificio, armonizando o conxunto e aportando tintes modernistas nas terceira planta e plantexando unha obra redonda e acabada, un gran edificio para unha rúa importante como a rúa Progreso.
A cuberta do edificio, a catro augas, e o uso de galerías de ferro na fachada lateral aberta (despexada de edificios altos), impriulle un aspecto único a un edificio situado nun punto estratéxico de Ourense, nunha encrucillada de camiños no centro económico da cidade daquela época.
Fontes: ( AMOu, AHPOu, Museo Etnolóxico de Ribadavia, Xornal La Voz de Galicia)
