O coro pétreo da catedral medieval de Compostela foi obra do Mestre Mateo. A súa construción foi iniciada cara o ano 1200 e podería estar rematado para a consagración da catedral, no ano 1211.
Era unha construción dentro da propia igrexa, pechada por tres fachadas e aberta fronte a capela maior. A entrada estaba reservada aos cabildos das catedrais, e nel sentábanse os 72 canónigos que conformaban o Cabildo compostelán para cantar o oficio relixioso.
Estaba situado nos tres primeiros tramos da nave central, a partires do cruceiro cara á fachada occidental e completábase no cuarto tramo co trascoro.
Cada sitial do coro estaba cuberto con plafones floreados e delimitado por ménsulas, columnas e brazais. A decoración da crestería alternaba figuras de xóvenes cantores e imaxes do bestiario medieval.
