Colexio Médico de Lugo, 1931

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Edificio urbano
  • Ecléctico galego
  • Neoclásico
S. XX
Eloy Maquieira Fernández
1931 - 1966
Esquina Rúa Montevideo con Rúa Ramón y Cajal
Lugo (Lugo)
Andrés Armesto Cortiña (2025)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

O edificio foi deseñado en 1931 polo arquitecto Eloy Maquieira Fernández, pero polas vicisitudes históricas derivadas da guerra civil, non foi inaugurado ata o ano 1950, estaba situado na esquina entre a rúa Montevideo e a rúa Ramón y Cajal, para  unha nova sede para o Colexio Oficial de Médicos.

A construción presenta caracteristicas de estilo ecléctico galego con influencias do neoclasicismo simplicado propio de edificacións similares de principios do século XX, e o deseño simétrico, sólido, sobrio, elegante e con lineas simplificadas, e sendo que a súa estructura e apariencia, así como os materiais seleccionados: pedra, madeira e zinc..,  buscaban crear un edificio de gran formalidade e relevancia dentro da cidade de Lugo.

Edificio de 2 plantas principais, con variedade de ventás dispostas de xeito ordenado e equilibrado, con forma de arco, rectangulares e de balcóns, cornixas e remates sinxelas que marcan as diferentes alturas e aportan un acabado coidado. O remate superior escalonado é un rasgo distintivo. Porta de entrada rectangular de gran tamaño e decoración simple. Barandilla perimetral na pranta baixa decorada con balaustres, que realzaba a estética do edificio

Finalmente foi derrubado no ano 1966, para construir unha nova sede para o Colexio de Médicos.

Fontes: (Arquivo Histórico Provincial de Lugo, Fondo Concello de Lugo, sin.1340.2)

 

Ir o contido