Casa do Portazgo de Canedo, 1868

restitucion-3D
  • Arquitectura na memoria
  • Arquitectura civil
Edificio urbano
  • Neoclasicismo ecléctico
S. XIX
Enrique Trompeta Vinci
1869 - Descoñecido
Rúa da Ponte Romana, Rúa Ribeira de Canedo
Antigo Concello de Canedo (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2025)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

Os planos deste edificio están firmados polo xefe enxeñeiro Enrique Trompeta Vinci, o 10 de xuño de 1868, o mesmo ao que se lle encargaría posteriormente a apertura de varias rúas principais na cidade de Ourense, coma a actual rúa do Paseo e rúa Progreso. Nun plano histórico da Ponte Maior de Ourense do ano 1876, aparece reflexada a planta do edificio.

Enrique Trompeta foi un recoñecido enxeñeiro de camiños e vías na súa época e autor de varias publicacións  referentes a súa profesión., como o “Compendio de Construcción”, editado por Estab.Tipo-Litog. de Chofre y C., en 1888.

Estaba estratéxicamente ubicado na entrada da Ponte Vella de Ourense, do lado do colindante Concello de Canedo, hoxe anexionado ao Concello de Ourense, e a súa función era de control e cobro do portazgo, un dereito de paso con imposto que gravaba as mercancías, en metálico e en especie, e aproximadamente equivaldría a unha oitava parte do valor das mesmas, e serían o mesmo que as actuais aduanas. Nesa época o medio medio predominante de transporte de persoas e mercancías, era o carro do país tirado por bestas.

Edificio simétrico, sobrio, austero, pero elegante e funcional, de planta rectangular, con clara influencia do estilo neoclásico, feito con sillería de pedra do país, madeira na parte estructural interior, tellado a 4 augas, 1 porta principal está precedida dun pequeno porche ou galería con columnas, e varias chemineas cuadrangulares. Ademáis tiña un anexo, un patio traseiro ao aire libre e varias zonas de almacén cuberto e pechado, onde gardar as mercadorías pagadas en especie, incluídos animais vivos.

Descoñecese o tempo que estivo cumplindo as súas funcións e a data de derrubo. No século XX, o solar da Casa do Portazo foi ocupado un edificio oficial do servizo de Correo Postal. Hoxe en día o espazo está ocupado por un edificio de vivendas construído na década de 1980.

Fontes: (Fondos da COTOP, Museo Etnolóxico de Ribadavia)

 

 

 

 

Ir o contido