Elvira López Mourín naceu en 1893, foi unha das primeiras enfermeiras profesionais da Cruz Roja Española. Destinada na guerra do Rif en Marruecos, o 1 de novembro de 1922, por expresa solicitude persoal, participou no primeiro vóo sanitario da Aviación Española, sobrevoando territorio inimigo de noite e a baixa altitude nun bombardeiro biplano. Faleceu en Madrid, en 1961.
Tras a xeración dun modelo fotogramétrico do estado actual da edificación, procedeuse ao modelado acorde ao estado orixinal de finais do século XIX, época na que naceu Elvira, eliminándose tódalas modificacións posteriores. É unha edificación humilde de tipoloxía rural galega, construída en lousa de pizarra e madeira e teito de lousa a dúas augas, cun gran portón de entrada para persoas, animais domésticos e apeiros de labranza, que se gardaban no seu interior. Unha única fiestra que da luz á estancia onde se situaba a lareira, separada das cortes por un tabique de máis dun metro de ancho.
A virtualización do biplano De Havillad DH-4 participante nesa conflicto bélico, levou a cabo empregando planos da aeronave, complementados con información técnica obtida do exemplar exposto no “Museo del Aire y del Espacio” de Madrid. Para a decoración do avión, tomouse como referencia o deseño da maqueta creada por Miguel Ángel González Canomanuel.
Ámbalas dúas restitucións foron realizadas expresamente para a exposición “Elvira López Mourín, Unha enfermeira de altura”, organizada pola Academia de Enfermería de Galicia e o Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo.
Reportaxe sobre Elvira López Mourín realizado polo TIC-SERVIZO DE AUDIOVISUAIS da Deputación de Lugo: https://www.youtube.com/watch?v=fAzY5yqk2FQ
Modelos 3D en Sketchfab: https://sketchfab.com/garcia.avila/collections/exposicion-elvira-lopez-mourin-2641027460f5423d88cbd900dc2e5da0
Libro específico publicado en 2023 : https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=2080372
