Pedro García Faria, enxeñeiro que exerceu dende finais do século XIX ata principios do XX, que compatibilizou as súas tarefas coa práctica libre da arquitectura, para a cal tamén estaba titulado.
O 27 de Outubro do 1925, rematou o deseño deste proxecto de Gran Balneario das Burgas, ubicado nos arredores da Burga, onde hoxe está o xardín dos Cachafeiro, na antiga finca dos Taboada. Non consta que o proxecto fora un encargo local, máis ben semella que decidíu facer este fabuloso proxecto por iniciativa propia e co obxecto de rentabilizar as augas termais e minero-medicinais das Burgas da cidade de Ourense, proxecto que se pode consultar na seguinte ligazón: https://ciagalicia.com/proxectos/gran-balneario-das-burgas-1925x/
Tamén estaba previsto no proxecto unha estructura exenta o Balneario, unha Casa de Baños Públicos para disfrutar das augas termais mineromedicionais da Burgas, de carácter gratuito e que constaba dunha estrutura con base de pedra e corpo de ferro acristalado.
O pavillón proxectado tiña 13 metros de longo e foi deseñado para albergar un servizo de baños e duchas dividido en 12 unidades, dispostas en planta e catro grupos simétricos e iguais, tendo o conxunto a forma dunha cruz grega. A altura do piso inferíor é de 5.50 metros e de 2,50 metros a parte superior.
Este proxecto ben pudo ser o derradeiro traballo feito directamente por el mesmo, xa que faleceu no ano 1927. Alguén do seu entorno persoal ou profesional tivo a cortesía de enviar este proxecto ás autoridades municipais da cidade de Ourense, que o recibiron en maio do 1928, por si fora de interese levar a cabo a súa execución; feito que xamáis aconteceu para desgraza dos ourensáns.
Fontes: (AMOu – REVISTA ELECTRÓNICA DE GEOGRAFÍA Y CIENCIAS SOCIALES, Universidad de Barcelona. ISSN: 1138-9788. Depósito Legal: B. 21.741-98, Vol. X, núm. 221, 15 de septiembre de 2006. http://www.ub.edu/geocrit/sn/sn-221.htm)
