Casa Circular Galaica, S. II a.C.

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Restos arqueolóxicos
  • Conxunto arqueolóxico
Castro / Citania
  • Galaico
  • Idade de ferro
S. II a.C.
Descoñecido
S. II aC.
Zona Bracarense Galaica
Concello de San Amaro, Concello de Punxín (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2020-26)
Anxo Miján Maroño (2020-26)
Manuel García Ávila (2020-26)
Alexandre González Rivas (2020-26)
CIAG ( Centro Infográfico Avanzado de Galicia)
Paco Boluda (Divulgador, Ilustrador Arqueolóxico e Director do Proxecto Lanóbriga, unha cidade galaica)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

Unha casa circular é un tipo de construción tradicional na Europa Atlántica na idade de ferro, cunha planta circular ou arredondada, cun diámetro promedio de 5 a 15 metros, con paredes feitas de cachotería de granito, pizarra ou de madeira e barro, e un típico colmado cónico como cuberta. A construción de casas circulares con teitos cónicos é formas máis eficientes de construción primitiva.  Tiñan unha lareira central no interior para quentar a estancia e cociñar, non existiría porén un buraco no cume para a saída do fume, pois isto causaría que se xerase unha corrente ascendente de ar con muxicas que prenderían axiña no colmo, e o fume sairía aos poucos entre a palla coma ocorría nas pallozas, que adoitaban carecer de cheminea

Era a edificación principal do típico barrio galaico (Barrio Galaico da Idade de Ferro, S. II a.C. – Centro Infográfico Avanzado de Galicia), situada ao redor dun patio central, xunto cun cabaceiro para almacen de alimentos, unha vivenda dormitorio, e un espazo para obradoiro. Esta era a estrutura urbana organizativa dominante en case tódolos asentamentos da idade de ferro (Lanóbriga, Cidade Galaica de San Cibrao de Lás, S. II aC. – Centro Infográfico Avanzado de Galicia).

Exteriormente os muros estaban enlucidos para illamento térmico e da humidade, pintados con pigmentos minerais e vexetais, tal e como se desprende dos derradeiros achádegos e estudos arqueolóxicos. Insertados nos muros atopáronse pezas de granito traballadas por canteiros con motivos simbólicos de protección, como trisqueis, tetrasqueis, hexapétalas, así como con pezas denominadas “amarradoiros”, cunha probable funcionalidade de prestixio e xerárquiía social.

A porta principal de madeira, con dous corpos de apertura independente, e un marco profusamente decorado por canteiros por motivos simbólicos galaicos, como símbolo de poder e prestixio.

Interiormente os muros da casa tamén estaban enlucidos, pintados, e en moitos casos con decoración de motivos xeométricos simbólicos da cultura galaica da idade de ferro, xa que a funcionalidade principal desta construción equivaldría ao “salón” das vivendas actuais, onde se facían reuniónn familiares, vida social, recibir visitas, e onde habería unha lareira central onde facer lume pra quentar a estancia e cociñar, un altar con elementos variados para honrar a deuses galaicos e antepasados, tear onde confeccionar roupas de liño, mesas, cadeiras, arcóns de almacenamento, estanterías de servizo, e o lugar onde gardar e exhibir o armamento dos guerreiros galaicos: lanzas, caetras, capacetes, espadas, linotórax, etc…

En Galicia foron moi abundantes nos castros, incluso trala invasión militar do imperio romano que introduciron a planta cadrada. A herdanza deste tipo de construción mantívose nalgúns lugares até comezos do século XXI, sendo o exemplo máis claro a palloza das serras orientais da actual Galiza. Este tipo de construccións foron tamén frecuentes en todo o litoral atlántico europeo, relacionándose coa cultura celta e precelta, ainda que tamén existe esta tipoloxía noutras partes do mundo, como en África.

Tódolos elementos virtualizados nesta restitución histórica están baseados en achádegos arqueolóxicos atopados en distintos xacementos galaicos da idade de ferro.

 

 

 

 

 

 

 

Ir o contido