Barrio Galaico da Idade de Ferro, S. II a.C.

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Restos arqueolóxicos
  • Conxunto arqueolóxico
Castro / Citania
  • Cultura Galaica
  • Idade de ferro
S. II a.C.
Descoñecido
S. II a.C.
San Cibrao de Lás
Concello de San Amaro, Concello de Punxín (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2020-26)
Anxo Miján Maroño (2020-26)
Manuel García Ávila (2020-26)
Alexandre González Rivas (2020-26)
CIAG ( Centro Infográfico Avanzado de Galicia)
Paco Boluda (Ilustrador, Investigador e Director do Proxecto Lanóbriga: unha Cidade Galaica)

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

A restitución virtual deste barrio galaico correspóndese coa tipoloxía arquitectónica da cultura galaica da alta idade de ferro, ao redor do século II a.C., e coas características das construccións da zona bracarense, que abarcaría á actual provincia de Ourense e sur de Pontevedra, ata as beiras do río Douro, en Portugal; e dentro do Proxecto Lanóbriga: unha Cidade Galaica, desenvolto entre ao ano 2020 e 2026 (https://ciagalicia.com/proxectos/lanobriga-cidade-galaica-de-san-cibrao-de-las-s-ii-ac/).

Os elementos que definen un barrio galaico son: a existencia dun patio central que conecta tódalas estancias, normalmente compartido con animais domésticos, unha vivenda circular principal (Casa Circular Galaica, S. II a.C. – Centro Infográfico Avanzado de Galicia), un cabaceiro para almacén e conservación de alimentos, unha vivenda dormitorio, un espazo de obradoiro e unha entrada principal con elementos distintivos familares, como cabezas talladas en pedra incrustadas nas paredes, xunto cos “amarradoiros”, como elementos colocados en parellas con posible función decorativa e de prestixio social

O modo de hábitat dos galaicos baseouse na ocupación do territorio especialmente en poboados fortificados que reciben o nome de castros, podendo variar o seu tamaño dende pequenas aldeas de menos de 1 hectárea máis usuais no norte, e de grandes castros de máis de 10 hectáreas que reciben o nome de oppida ou “citanias”, estando estes máis presentes na metade sur do seu poboamento tradicional.

Estes poboados fortificados acostuman a situarse en outeiros despexados, promontorios rochosos ou penínsulas que se internan no mar, o que facilita a visibilidade, a defensa e o dominio do contorno. O lugar do asentamento vén dado tamén en función dos recursos naturais explotados polos moradores. Os castros galaicos manteñen unha certa homoxeneidade, presentando trazos comúns.

Así, as casas e os edificios domésticos situábanse principalmente na “croa” -parte superior do castro-, podendo tamén situarse nos barrios anexos á croa preto do chamado “antecastro”, espazos que non albergaban vivendas, pero que se supón que estaban destinados a animais ou hortas. Cada unha destas áreas, podía estar limitada por murallas, parapetos ou foxos.

Por unha banda cada tribo estaba encabezada por un rei, chamado princeps, do que se descoñece se este era elixido de entre a aristocracia local -sistema electivo- ou se pola contra formaba parte dunha liñaxe real -sistema hereditario-. Polos restos epigráficos coñecemos a existencia de dous reis ou principes galaicos, un da propia Lucus Augusti, do que só se sabe era fillo dun aristócrata chamado Veroblio, e outro chamado Nicer, fillo de Clutoso, e princeps dos albións. A existencia destes personaxes implica unha sociedade altamente xerarquizada e estratificada.

Apoiando militarmente a estes soberanos, é posible que cada tribo galaica contase cun grupo de nobres e guerreiros que proporcionaban protección á tribo e nos que probablemente recaia a administración local de cada castro dentro da tribo.

Fontes: (Wikipedia)

 

Ir o contido