Antigo Mercado de Ferro de Compostela, 1870

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil comercial
Mercado Abastos
S. XIX-XX
Antigo mercado de Santiago de Compostela
Agustín Gómez de Santamaría
1870 - 1941
Praza de Abastos de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela (A Coruña)
Carlos Paz de Lorenzo (2022)
María Aránzazu Pérez Indavera (Doutora da Historia da Arte USC)
Daniel Lucas Teijeiro Mosquera (Doutor en Historia, Docente e Investigador. USC)
Jesús Ángel Sánchez García (Catedrátivo Historia da Arte, Docente e Investigador. USC)

Facultade de Historia da Unversidade de Santiago de Compostela (USC)

O arquitecto Agustín Gómez de Santamaría foi o encargado de deseñar unha praza de abastos de ferro e cristal para a vila de Compostela presentando o proxecto en 1870, con planta regular, simétrica e reticular, organizando o conxunto en dúas metades laterais separadas por un pasillo lonxitudinal descuberto, en cuxo centro instalouse unha fonte de mármore actualmente sita no Paseo da Ferradura da Alameda Compostelá.

A solución construtiva estivo emparentada coas galerías de ferro e cristal asentadas nas capitais europeas para edificios públicos. A escaseza de arquitecturas de ferro e cristal en Galicia, fixo que o mercado chamase moito a atención e que incluso oa viaxeiros o tildaban de “magnífica construción”

O mercado sufriu moitas reformas, alteracións, e melloras, ao longo da súa vida funcional:  en 1872 proxectáronse varios habitáculos para carnicería. En 1880 reforzouse a estabilidade do chan e o muro de contención. En 1905 engadínronse novos postos. En 1906 acometeouse a reparación da fonte central e reforma do pavimento. O gran deterioro da praza levou a unha concatenación de reformas na seguinte década, ata que en 1925 o concello manifestaba que o seu estado era deplorable, cando os arquitectos, Constantino Candeira e Jenaro de la Fuente, propoñen dous proxectos de reforma entre 1927-28, que por motivos económicos non se levaron a término. En 1931 o arquitecto municipal Jose María Banet presentou un novo proxecto para o mercado, pero a guerra civil paralizou o proceso, ata que en 1937, o arquitecto Joaquín Vaquero Palacios, presenta novo proxecto que foi aprobado en 1938, e non comeza a construirse ata 1941, ainda que a obra orixinal permaneceu inconclusa ata 1945, quedando así finalizada a edificación actual do mercado de abastos de Compostela.

Coa demolición do antigo conxunto arquitectónico en 1941, perdeuse o primeiro gran exemplo de mercado de ferro e crista de Galicia, cuxa tipoloxía arquitectónica tampouco abundou na nosa terra. A obra de Agustín Gómez de Santamaría reconfigurou o imaxinario da cidade, pois transformou un espazo históricamente despusuído de vida pública pra reconfiguralo nos novos equipamentos da modernidade decimonónica.

Fontes: (Libro “Arquitecturas Añoradas: Memoria gráfica del Patrimonio Destruido en Galicia en el siglo XX. Editorial Pedras Angulares. 2023)

Ir o contido