A abraiante recreación de dous campamentos romanos galegos recén descubertos
O proxecto “Roma no Finisterrae” levado a cabo pola Universidade de Salamanca co apoio da Deputación da Coruña e a participación da USC, romanarmy.eu e a empresa de Compostela Tempos Arqueólogos, revela datos sorprendentes sobre dous situados na Coruña e levantados en tempo récord.
Reconstruíronse con técnicas de realidade virtual e poden ser vistos en Youtube: son o recinto fortificado romano de O Castrillón (Touro) eO campamento romano e castro de Santa Baia (A Laracha). Grazas ao traballo do Centro Infográfico Avanzado de Galicia, CIAG.
